Monfero destinará ata 40.000 euros ao plan de axuda a pemes e autónomos

Os negocios afectados polo peche forozoso durante o Estado de Alarma poden solicitar as axudas ata o 9 de xullo

Os autónomos, microempresas ou pequenas empresas de Monfero xa poden solicitar a liña de axudas directas posta en marcha polo Concello para todos aqueles negocios afectados polo peche forzoso durante o Estado de Alarma.

En total, o Concello disporá de 40.000 euros para repartirar as axudas directas de ata 1.500 euros e os beneficiarios deberán estar empadronados en Monfero e realizar a actividade tamén no municipio. Os inetesados teñen ata o 9 de xullo para presentar as súas solicitudes co formulario que se pode descargar na web do Concello de Monfero.

A actividade dos beneficiarios das axudas debe estar afectada polo peche do establecemento ou suspensión da actividade desde a declaración do estado de alarma. As bases reguladoras das axudas atópanse na web municipal.

Salir de la versión móvil