O Concello de Monfero vén de adquirir unhas 2.000 mascarillas que se repartirán entre todos os veciños e veciñas do municipio. Prevese que o cargamento chegue a finais deste mes. Será o alcalde, os concelleiros e operarios municipais os que se encarguen de facer persoalmente o reparto casa por casa para que cheguen aos máis de 1.900 veciños.
Ademáis desta partida de mascarillas que se acaba de mercar, tamén o Concello tamén conta coas que lles enviou tanto a Xunta de Galicia coma a Deputación da Coruña, que se destinaron ao persoal do centro médico e persoal municipal.