O Concello de Monfero prepárase para celebrar a súa tradicional Feira do Grelo, que este 12 de febreiro vivirá á edición número 22, unha cita coa que se busca exaltar o producto máis típico da gastronomía local e render homenaxe á agricultura máis tradicional.
O evento celebrarase o domingo 12 de febreiro no campo da festa do Canedo, na parroquia do Val de Xestoso, e contará coa presenza de Juan Fuentes, presentador do programa da TVG “Quen anda aí?”, que será o encargado da lectura do pregón.
![](https://enfoques.gal/wp-content/uploads/2023/02/IMG_20230202_203450-scaled.jpg)
Haberá premios para as mellores madas de grelos e tamén para es cestas máis adornadas e, por suposto, distintos postos de venda de grelos e doutros productos do campo, así como unha exposición de artesanía, todo amenizado polo grupo folclórico Virxe da Cela e polo dúo Venus.
Dende o Concello de Monfero animan a veciños e visitantes a gozar desta nova edición da Feira do Grelo, na que se poderá degustar un excelente menú no que o producto estrela serán os grelos de Monfero elaborados do xeito máis tradicional, acompañados de sopa e un completo cocido.