O CPI Virxe da Cela verá reforzado o seu servizo de limpeza e desinfección

O Concello de Monfero encargarase da financiación destas necesarias tarefas de hixiene contra a Covid-19, a pesar de ser competencia da Xunta
10608698_643939279037900_6341551987049983452_o

Tanto os familiares do alumnado como a docencia do Virxe da Cela do Xestal poderán estar máis tranquilos trala ampliación do servizo de limpeza e desinfección do centro educativo. Este aumento tan necesario da protección fronte a Covid-19 levaranse a cabo grazas ao financiamento promovido dende o Concello de Monfero.

A propia administración local destacou que así cumprirase o protocolo establecido pola autonómica, «pese non serlle asignados recursos aos municipios e no ser competencia propia», dado que a execución destas accións sanitarias tan necesarias correspóndelle á Xunta de Galicia.

A través dunha empresa de limpeza contratada polo Concello e das limpadoras municipais, e en estreita colaboración co profesorado, estableceuse un programa de acción diaria para as funcións de desinfección. Todos estes gastos correrán a cargo das arcas municipais tras «a falta de asunción desta tarefa e a urxencia da situación», subliñan dende o consistorio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.