Un incendio calcina unha vivenda prefabricada en Monfero

O suceso aconteceu contra as cinco da tarde na parroquia de San Fiz

Un incendio causou este martes a destrución dunha vivenda prefabricada en Monfero, que quedou “totalmente calcinada”, según informou o 112 Galicia.

O suceso ocorreu ás 17:05 horas no lugar da Illa, na parroquia de San Fiz. O servizo de emerxencias comunicou que a casa de madeira ardeu por completo sen que se rexistrasen danos persoais.

Un particular alertou da presenza das chamas e o servizo de emerxencias advertiu aos bombeiros do  concello das Pontes, 061-Urxencias Sanitarias de Galicia, Garda Civil, Protección Civil das Pontes e o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Os efectivos permaneceron na zona tras a extinción para arrefriar a zona afectada.

Salir de la versión móvil