O BNG propón un Plan Eume que mobilice 250 millóns de euros para a recuperación ambiental

Pontón ve prioritario salvar o río, abrir un proceso de participación cos concellos, Deputación e colectivos afectados e un plan de usos das fragas
IMG_2140

A portavoz nacional, Ana Pontón, realizou unha visita ás Fragas do Eume para valorar in situ o recente episodio de turbidez das augas do río para explicar as propostas do BNG para a recuperación ambiental e o impulso económico e social deste enclave natural.

A líder nacionalista puxo sobre a mesa a necesidade de actuar no inmediato, pero tamén a medio e longo prazo, e para iso o Bloque formula o Plan Eume co que pretende mobilizar un total de 250 millóns de euros para a recuperación ambiental e a dinamización económica e social dun espazo natural emblemático que afecta a catorce concellos.

O Plan de rexeneración ambiental do Eume, a executar entre 2020-2021 ten como obxectivo a descontaminación e a rexeneración, “porque o primeiro paso é salvar o río”, indicou. Neste sentido, lembrou a batería de medidas presentadas no Parlamento reclamando a realización dunha auditoría ambiental, un estudo rigoroso e independente que inclúa tamén as actuacións necesarias para a recuperación e a rexeneración do río e do seu entorno.

A segunda pata ou liña de traballo do Plan Eume está no Plan de actuación plurianual 2021-2025 co que se pretenden mobilizar 250 millóns de euros e que debe ser elaborado coa implicación de todos os concellos afectados pola conca do río, así como os axentes económicos e sociais afectados. Para a súa xestión, o BNG propón a fórmula dun consorcio ou dun convenio coa participación dos municipios e da Deputación da Coruña.

“Este plan plurianual debe recoller actuacións de conservación e recuperación do patrimonio natural e cultural, actuacións de dinamización socioeconómica, actuacións de promoción, divulgación e participación e investimentos en mellora de infraestruturas e servizos”, especificou Pontón.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.