O parque das Fragas do Eume podería reabrir ao público o próximo luns

Durante o estado de alarma a Administración autonómica seguiu realizando tarefas de mantemento e conservación

De confirmarse que Galicia entra a partir de 11 de maio na seguinte fase no proceso de reactivación, podería renovarse a actividade nos parques naturais galegos, tamén para o público. Esta reapertura afectaría no caso da provincia da Coruña ás Fragas do Eume.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explicou que durante todo o estado de alarma seguiuse traballando a porta pechada co fin de manter estes espazos en perfecto estado de conservación, sinalización e limpeza para garantir que chegaran en perfectas condicións ao momento da súa reapertura.

En canto aos traballos realizados no Parque Natural das Fragas do Eume, concentráronse en abril, procedendo á roza de 0,68 hectáreas na zona de Xunqueira de Abaixo, no camiño desde Xunqueira ata Caaveiro, no centro de Monfero, así como na limpeza de áreas recreativas, nunha superficie de 700 metros cadrados.

Os catro operarios que formaban a cuadrilla de mantemento en Fragas do Eume tamén procedeu coa talla da herba en 0,4 hectáreas, coa retirada de madeira presente na estrada a Monfero e tamén arrincaron exemplares de crocosmia, unha especie exótica invasora, presente en Xunqueira de Abaixo e outras zonas.

Salir de la versión móvil