O pavillón da Casqueira de Pontedeume conta cun novo alumeado

A nova instalación con tecnoloxía Led reducirá á metade o consumo eléctrico
127514717_10224346245146853_8344468246905984449_n

O Concello de Pontedeume informa de que esta semana remataron as obras de mellora do alumeado do pavillón municipal ‘A Casqueira’. Os traballos consistiron na substitución das luminarias actuais por outras de tecnoloxía LED, co obxectivo de mellorar a eficiencia lumínica das instalacións, reducindo o consumo e a contaminación.

“Con este tipo de luminaria reduciremos á metade o consumo eléctrico nesa instalación á vez melloramos considerablemente a iluminación no edificio, eliminando zonas de sombra e homoxeneizando o alumeado en toda a pista”, explica o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

O concello continúa desta forma co plan integral de renovación e modernización do alumeado público posto en marcha na pasada lexislatura, con actuacións no casco urbano, nas parroquias e nas instalacións municipais.

A día de hoxe, está en proceso de licitación o contrato para a renovación do 60% do alumeado público do municipio, por un importe de que supera os 600.000 euros, grazas a unha subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.