O PSdeG denuncia as políticas medioambientais da Xunta “ao servizo dos intereses de empresas contaminantes»

Os socialistas galegos calificaron de de “desvergoña” e “cinismo” que a Xunta “lle bote a culpa ao Concello de Pontedeume” e esixa responsabilidades á Deputación sobre o Eume
caballero eume

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou as políticas medioambientais “ao servizo dos intereses de empresas contaminantes, hidroeléctricas e afíns ao PP”. Así o fixo trala comparecencia no Parlamento da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en relación a situación de turbidez do río Eume.

Neste senso, Arangüena calificou de “desvergoña” e “cinismo” que a Xunta “lle bote a culpa ao Concello de Pontedeume” e esixa responsabilidades á Deputación da Coruña, cando é o goberno galego “a autoridade competente para xestionar un problema de contaminación”.

Doutra banda, o responsable socialista denunciou que a instalación da barreira anticontaminante no punto de captación das augas do concello “é moi vistosa ante a prensa, pero ineficaz”, xa que “este dispositivo mecánico moi dificilmente pode evitar a contaminación suspendida na auga”.

Ademais, Arangüena lembrou que diversos colectivos ecoloxistas “denuncian dende hai moitos anos que os lodos acumulados no fondo do encoro son un perigo potencial para o Parque Natural das Fragas do Eume, así como para a ría de Ares”, xa que “poden conter todo tipo de materiais e sustancias tóxicas asociadas a contaminación que vén de augas enriba do encoro, incluíndo as derivadas da actividade mineira e industrial”.

Arangüena sinalou tamén as denuncias “reiteradas” de colectivos ecoloxistas e pescadores polo “incumprimento da obriga de manter o caudal ecolóxico por parte de Endesa”, que “mantivo practicamente seco un tramo de 4 quilómetros do río durante décadas” dentro do espazo do parque natural, “ante a pasividade e inacción da Xunta”, unha situación “digna de república bananeira”.

O responsable socialista lembrou que o vindeiro 30 de decembro “remata o prazo do pacto ambiental asinado pola Xunta con Endesa”, que “inclúe entre os seus obxectivos a modernización das infraestruturas hidroeléctricas para a recuperación ambiental do río”, pero “non sabemos se ese pacto inclúe algún tipo de actuación relativa ao embalse”.

Un problema medioambiental

Doutra banda, Arangüena criticou que a comparecencia sobre o Eume a realizase a conselleira de Infraestructuras, en vez de a conselleira de Medio Ambiente e recalcou que “o río non é unha infraestrutura nin unha canalización de auga”. Así, lamentou que a Xunta trate o tema “cun enfoque erróneo, xa que falamos dun problema medioambiental”, que se produce “dentro dun parque natural”, cuxa “xestión é competencia da Xunta”.

«O BNG está fóra da realidade”

O responsable socialista calificou como “fóra da realidade” a proposta do BNG de mobilizar 250 millóns de euros para recuperar o río Eume, o que exemplificou realizando unha comparativa coa “recuperación e rexeneración ambiental da ría do Burgo, unha obra certamente complexa e ambiciosa, que ten un orzamento de 48 millóns de euros”.

Finalmente, Arangüena propuxo que “despois de 23 anos da creación do Parque Natural se aprobe, dunha vez, o seu plan de xestión, que se dote orzamentariamente, se evite a eucaliptización e, en paralelo, se proceda á rexeneración integral de toda a cunca do Eume, para o cal non son necesarios 250 millóns de euros”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.