O servizo de socorrismo na Praia da Madalena comeza as súas labores de salvamento

Desde hoxe 2 de xullo dase luz verde para a incorporación dos seis socorristas ao arenal cabanés
Eb6A2xcXYAAu_1r

O servizo de socorrismo na Praia da Madalena de Cabanas ponse en funcionamento desde hoxe 2 de xullo. Dito servizo estará dispoñible todos os días da semana entre as 12.00 e as 20.00 horas e contará cun total de seis traballadores. De luns a xoves darán servizo aos bañistas tres socorristas mentres que, os venres, sábados e domingos, serán catro os traballadores que se ocupen das tarefas de salvamento.

Melloras no Posto de Socorrismo

Nos últimos días, como parte da preparación da tempada estival, o Concello de Cabanas invertiu un total de 5.114,04 euros en diferentes melloras das instalacións do Posto de Socorrismo. Concretamente este orzamento utilizouse para mellorar a instalación eléctrica -substitución da iluminación interior por LED para aforro enerxético e instalación de proxectores exteriores- e para reparar as portas corredeiras laterais, así como o chan e a cuberta.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.