A Concellaría de Medio Ambiente de Cabanas vén de organizar -en colaboración coa Asociaación Drosera- a actividade «Noite de morcegos», unha xornada de campo para a observación de morcegos no entorno de Río Castro.
Cita cos morcegos o 3 de outubro
O obxectivo desta actividade é achegar á veciñanza ao mundo dos morcegos, aprendendo a escoitar e identificar a actividade dos mesmos, así como as técnicas empregadas para o seu estudo. Celebrarase o sábado 3 de outubro, cunha limitación de quince prazas, e precisa de inscrición previa no correo [email protected] ou no teléfono 649 075 263.
Exposición «Morcegos de Galiza»
En paralelo, a Casa do Concello de Cabanas acolle desde hoxe a exposición «Morcegos de Galiza», que a través de varios paneis informativos achega ás persoas visitantes ao coñecemento dos quirópteros galegos e a súa importancia na conservación do medio.
«A actividade enmárcase dentro da estratexia Cabanas Sostíbel, na que se engloban diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio», sinalou o tenente alcalde e concelleiro da área, Iago Varela.