O Concello de Pontedeume acolle desde hoxe e ata o venres a décima edición do Festival de Maxia, cunha atractiva programación para todas as idades.
A Alameda acollerá a maior parte das actuacións en horario de mañá e tarde, pero este ano o festival trae tamén a novidade da celebración de microespectáculos de maxia nos comercios da vila o venres 7 de agosto.
En concreto, o roteiro máxico polos escaparates será o venres 7 ás 19:30 horas nos seguintes establecementos: As Landras, Barbarela, Confecciones Martiño, Eumephone e Joypa.