Pontedeume engalana os seus balcóns en honor dos Andrade

Aínda que estaba prevista para o 3, 4 e 5 de xullo a festa non se producirá debido a crise sanitaria xurdida polo COVID-19
balcones_medieval

O Concello de Pontedeume anima ás súas veciñas e veciños a partir deste venres 3 de xullo e ata o domingo 5 do mesmo mes a adornar fiestras e balcóns, coincidindo coas datas de celebración do Feirón Medieval dos Andrade.

O Feirón Medieval dos Andrade é unha das citas do verán máis esperadas pero debido á súa gran afluencia de público este ano tivo que ser suspendida, co fin de poder cumprir coas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Esta festa tradicional comezou no ano 2010 como iniciativa das anteriores asociacións e comisións do Feirón dos Andrado, ata que no 2018 o Concello tomou o relevo na organización da mesma. E desde este mesmo Concello de Pontedeume queren intentar manter a ilusión e alegría que o Feirón Medieval dos Andrade aporta a cidade. «Enche a vila de postos de artesanía, obradoiros, teatro, actuacións musicais, cabaleiros, malabaristas, campesiñas e campesiños irmandiños, engalanándose para retroceder ata os seus orixes medievais”, lembran desde a área de Cultura.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.