Pontedeume engalana os seus balcóns en honor dos Andrade

Aínda que estaba prevista para o 3, 4 e 5 de xullo a festa non se producirá debido a crise sanitaria xurdida polo COVID-19

O Concello de Pontedeume anima ás súas veciñas e veciños a partir deste venres 3 de xullo e ata o domingo 5 do mesmo mes a adornar fiestras e balcóns, coincidindo coas datas de celebración do Feirón Medieval dos Andrade.

O Feirón Medieval dos Andrade é unha das citas do verán máis esperadas pero debido á súa gran afluencia de público este ano tivo que ser suspendida, co fin de poder cumprir coas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Esta festa tradicional comezou no ano 2010 como iniciativa das anteriores asociacións e comisións do Feirón dos Andrado, ata que no 2018 o Concello tomou o relevo na organización da mesma. E desde este mesmo Concello de Pontedeume queren intentar manter a ilusión e alegría que o Feirón Medieval dos Andrade aporta a cidade. “Enche a vila de postos de artesanía, obradoiros, teatro, actuacións musicais, cabaleiros, malabaristas, campesiñas e campesiños irmandiños, engalanándose para retroceder ata os seus orixes medievais”, lembran desde a área de Cultura.

 

Salir de la versión móvil