Pontedeume busca a colaboración veciñal para elaborar o plan de movilidade urbana

ademais dunha análise técnica dos movementos circulatorios realizarase unha enquisa aberta do 17 de agosto ao 17 de setembro para que os veciños que o desexen participen
a8bce64e-5860-4d67-a092-e26b492c7982

Un PMUS é unha ferramenta básica para a planificación e a toma de decisións en torno á mobilidade no concello pensada para favorecer o desenvolvemento rexenerativo das áreas habitadas. O seu obxectivo básico é atopar, entre todas, maneiras de mellorar a mobilidade no concello centrándose en tres ideas: buscando a sustentabilidade -ecolóxica, social e económica-, facer máis eficiente o sistema de desprazamentos no concello e facilitar hábitos de mobilidade máis saudables e máis respectuosos co medio ambiente.

Colaboración cidadá

Debido a esto, a administración local de Pontedeume, ademais de levar a cabo unha análise exhaustiva dos movementos circulatorios no concello e dos posibles problemas de movilidade que se atopen, queren pedir a colaboración do municipio mediante unha enquisa para obter información e opinións vitais á hora de elaborar o PMUS. Pódese acceder á mencionada enquisa online no seguinte ligazón dende hoxe 17 de agosto ao 17 de setembro: https://www.cognitoforms.com/PlanificacionTEC/PMUSPONTEDEUME

A maiores desta ampliación da información de maneira telemática, dende a casa consistorial avanzaron que se realizarán distintos actos de participación nos que se recollerá tamén a opinión da veciñanza. Esta participación facilita a redacción dun plan máis realista e adaptado ás necesidades das persoas que habitan Pontedeume, pois a poboación é a maior coñecedora dos problemas e virtudes do concello, así como dos hábitos de mobilidade e de uso do espazo público.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.