Pontedeume daralle un toque máxico as súas rúas esta semana co X Festival de Maxia

entre o 5,6 e 7 de agosto quen queira poderá achegarse a ver varios espectáculos desta disciplina tanto á alameda como a varios comercios da localidade
18010292_1818353571825036_5761476109874915051_n

Esta será a décima edición deste festival de maxia que acolle cada ano o Concello de Pontedeume e que, neste, a  Alameda será o lugar escollido para albergar maior parte das actuacións en horario de mañá e tarde. Porén, este ano o festival trae tamén a novidade da celebración de microespectáculos de maxia nos comercios da vila o venres 7 de agosto.

En concreto, a maxia comezará o 5 e o 6 de agosto na propia alameda, onde os horarios dos espectáculos serán ás 12:00, ás 20:00 e as 22:00 horas respectivamente. Logo roteiro máxico polos escaparates será o venres 7 ás 19:30 horas nos seguintes establecementos: As Landras, Barbarela, Confecciones Martiño, Eumephone e Joypa. Ese mesmo venres haberá antes -12:00 horas- e despois -22:00 horas- varios espectáculos que terán lugar na mencionada alameda.

“Vivimos un verán diferente, condicionados pola necesidade de preservar a seguridade e a saúde da veciñanza, pero afortunadamente puidemos atopar un formato adecuado para celebrar o festival de maxia, unha cita xa clásica cada mes de agosto; as actuacións non deixarán indiferente a ninguén”, afirma Ángela Piñeiro, concelleira de Cultura de Pontedeume.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.