Pontedeume denuncia o acto vandálico que deixou sen cabeza á estatua de San Nicolás

Dende o Concello fan un chamamento para que non se repitan nunca máis este tipo de actos deplorables que atentan contra o patrimonio local
IMG-20200911-WA0020

O Concello de Pontedeume lamenta e considera «inaceptable e moi triste» o acto vandálico sucedido na pasada madrugada contra a estatua de San Nicolás da Igrexa de Santiago, cuxa cabeza foi arrincada.

Desgraciadamente, non é a primeira vez que é arrincada a cabeza desta estatua, posto que xa fora reparada por un acto vandálico similar un par de anos atrás. Grazas á colaboración veciñal, a cabeza foi recuperada esta mesma mañá e pronto comezarán os traballos de restauración.

Tanto a Policía Local como a Garda Civil traballan para esclarecer o acontecido, a investigación está moi avanzada e pronto haberá datos do responsable ou responsables destes feitos.

Desde o Concello de Pontedeume quixeron facer un chamamento público para que non se repitan nunca máis este tipo de actos vandálicos, unha conducta deplorable e un atentado contra o patrimonio local.

A pesar de que a estatua xa sufrira varias restauración debido a outros actos vandálicos, ditos actos incívicos non son habituais en Pontedeume: «temos unha veciñanza que en liñas xerais sempre demostra un comportamento exemplar, por iso consideramos inconcebibles estas actitudes. Non é esta a imaxe que queremos para Pontedeume, é tarefa de tod@s facer do noso concello un lugar mellor», aclaman dende a casa consistorial.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.