O Concello de Pontedeume aprobou no último pleno municipal unha declaración institucional de apoio aos traballadores da planta de Siemens-Gamesa nas Somozas, que temen unha deslocalización da empresa a Portugal.
A declaración mostra o seu apoio ás demandas do comité de empresa e lembra que na planta traballan 300 persoas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
«A comarca está moi castigada, a Xunta e o Goberno central teñen que tomar as medidas necesarias para garantir a continuidade de Siemens-Gamesa nas Somozas, aproveitando as oportunidades que ofrecen os plans de transición enerxética da Unión Europea», recolle a texto.
Os socialistas lembraron no pleno que «a planta tiña ata o de agora unha importante carga de pedidos que constituían para a comarca, e especialmente para os sectores industrial e tecnolóxico, unha magnífica oportunidade por canto se dispón xa de gran experiencia neste sector».
A moción considera lóxica «a petición que fai o comité de empresa dunha mesa de traballo para estudar a viabilidadade de planta na que participen a dirección, representantes da plantilla e as administracións local e autonómica».