Pontedeume mostra o seu apoio aos traballadores da planta somocense de Siemes-Gamesa

A administración local demanda á Xunta e ao Goberno central unhas medidas necesarias para poder manter a continuidade da empresa nas Somozas

O Concello de Pontedeume aprobou no último pleno municipal unha declaración institucional de apoio aos traballadores da planta de Siemens-Gamesa nas Somozas, que temen unha deslocalización da empresa a Portugal.

A declaración mostra o seu apoio ás demandas do comité de empresa e lembra que na planta traballan 300 persoas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

“A comarca está moi castigada, a Xunta e o Goberno central teñen que tomar as medidas necesarias para garantir a continuidade de Siemens-Gamesa nas Somozas, aproveitando as oportunidades que ofrecen os plans de transición enerxética da Unión Europea”, recolle a texto.

Publicidad

Os socialistas lembraron no pleno que “a planta tiña ata o de agora unha importante carga de pedidos que constituían para a comarca, e especialmente para os sectores industrial e tecnolóxico, unha magnífica oportunidade por canto se dispón xa de gran experiencia neste sector”.

A moción considera lóxica “a petición que fai o comité de empresa dunha mesa de traballo para estudar a viabilidadade de planta na que participen a dirección, representantes da plantilla e as administracións local e autonómica”.

Publicidad
Salir de la versión móvil