Pontedeume remata o pintado e reparación de muros e barandas na rúa do Picho

A urbanización Salgado Torres ten un novo rostro grazas ás reformas levadas a cabo desde o goberno local para cumprir coas constantes demandas veciñais

O Concello de Pontedeume informou á veciñanza de que acaban de rematar os traballos de pintado e reparación dos muros e barandas na urbanización Salgado Torres, na rúa do Picho. As tarefas deron resposta a unha demanda dos veciños da zona e desenvolvéronse durante o verán, ofrecendo a urbanización un novo e renovado aspecto tan necesario.

Obras vindeiras

Non será a última actuación programada polo Concello de Pontedeume no Picho, xa que nas vindeiras semanas darán comezo as obras de mellora dos servizos e infraestruturas na mesma rúa.

Os traballos consistirán na reparación dos rexistros da recollida de pluviais e substitución das pedras danadas do pavimento, como consecuencia dunha deficiente execución da instalación da conducción do gas hai uns anos.
“As obras no Picho forman parte do plan integral que puxemos en marcha en 2015 para renovar de forma constante os servizos e infraestruturas municipais, tanto no centro urbano como nas parroquias, mellorando desta maneira a vida diaria dos nosos veciños”, explica o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

Salir de la versión móvil