A aplicación ‘Camiñando polo Pontedeume medieval’, exemplo de integración de turismo e tecnoloxía

O Concello de Pontedeume explicará o seu proxecto de realidade aumentada no III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía esta semana en Cabo Verde
A concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez e o alcalde, Bernardo Fernández, ante o panel interactivo da APP
A concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez e o alcalde, Bernardo Fernández, ante o panel interactivo da APP

Pontedeume foi seleccionado para participar nesta cita, cuxo tema será o ‘Desenvolvemento local e localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, unha visión asentada no proceso de transición dixital dos territorios’. Tamén asistirán á cita representantes gobernamentais de Cabo Verde, así como da Xunta de Galicia, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre outras institucións.

A concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, exporá o proxecto eumés na mesa titulada Presentación de boas prácticas para considerar futuras colaboracións, este venres 8 de xullo. A edil explicará esta iniciativa de inclusión dixital nas políticas de turismo sostible a través desta aplicación para móbiles.

“Pontedeume posiciónase así como un exemplo de boas prácticas na integración de novas tecnoloxías coa historia e o seu potencial na concienciación sobre o coidado e conservación do patrimonio e a riqueza do territorio”, explica a concelleira eumesa.

A aplicación permite recrear con mesas interpretativas en distintos puntos da vila, o patrimonio arquitectónico eumés, podendo coñecer a súa evolución durante os sete séculos e medio de historia da vila. O proxecto achega ao usuario a escenas do Pontedeume medieval, da man de Margery Kempe, primeira peregrina do Camiño Inglés da que se ten constancia documental.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.