A Festa das Parroquias volve a Pontedeume o 27 de agosto

Será na pista deportiva de Andrade e haberá autobuses gratuítos para asistir á festa con saída de cada parroquia ás 13:30 horas
Imaxe de archivo da Festa das Parroquias
Imaxe de archivo da Festa das Parroquias

O Concello de Pontedeume celebra de novo este ano a Festa das Parroquias, tras dous anos de parón obrigado pola pandemia de coronavirus.

Nesta ocasión, será o día 27 de agosto na pista deportiva de Andrade e, como é habitual, haberá autobuses gratuítos para asistir á festa con saída de cada parroquia ás 13:30 horas.

Ademais da comida, haberá un sorteo de productos cedidos polo comercio local, unha actuación musical e inchables para nenos e nenas. O campo estará cuberto cunha carpa e a festa disporá de asistencia sanitaria.

“Despois da pandemia, recuperamos este lugar de encontro para os veciños e veciñas de todas as parroquias, unha festa para compartir bos momentos e pasar unha boa xornada”, asegura Manuela García, concelleira de Parroquias de Pontedeume.

O prazo de inscrición remata o 20 de agosto no rexistro do concello, no teléfono 981 433 054 ou a través da asociación veciñal de cada parroquia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.