Autorizado de novo o consumo de auga da billa en Pontedeume

Os valores que os técnicos de Sanidade atoparon na planta potabilizadora cumpren con tódolos parámetros esixidos pola lei
persona-llena-agua-grifo-jarra_1396970304_110545555_1200x675

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, anunciou esta tarde que volve a autorizarse o consumo de auga da rede municipal de abastecemento tras máis dunha semana de restriccións pola turbidez que presenta o río Eume e que está sendo motivo de investigación por parte da Xunta de Galicia.

O rexedor eumés explicou que esta mañana o Concello recibiu a comunicación da Consellería de Sanidade onde se indica que «á vista dos resultados das análises realizadas estes días» se confirma que a auga que se está a tratar actualmente na pranta potabilizadora de Cabría «cumpre con todos os parámetros establecidos no Real Decreto 140/2003 que regula a calidade das augas», polo que se procede o peche da situación de incumprimento e o levantamento da restrición de consumo de auga da rede municipal de abastecemento.

Cabe lembra que esta semanal o Concello de Pontedeume alcanzou un acordo con Augas de Galicia para que a entidade dependente da Xunta habilitase unha partida de 1,5 millóns de euros para combatir a situación da turbidez da auga, centrando o groso do investimento na adaptación da pranta potabilizadora.

«Ao longo da pasada semana estívose a traballar intensamente cos técnicos de Viaqua na elaboración dunha memoria coas necesidades da nosa pranta potabilizadora de cara á súa adaptación para poder facer fronte a episodios de turbidez como que estamos a padecer», explicou o alcalde socialista.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.