Arrancan as obras de saneamento nas parroquias eumesas de Ber e Boebre

O obxectivo da actuación é eliminar os verquidos á praia, para o que se prevé construír unha nova estación de bombeo

As máquina xa comenzaron a levantar o chan para as novas canalizacións

O Concello de Pontedeume informa do comezo das obras para mellorar o saneamento en Ber e Boebre, que rematarán cos problemas de verquidos á praia. O proxecto consiste na implantación dunha nova estación de bombeo na zona, ao tempo que se renovarán tamén as estacións de bombeo de Vizús e Centroña, e se ampliará a rede de saneamento municipal. Augas de Galicia adxudicou estas obras, cofinanciadas pola Unión Europea por 819.925 euros, tras numerosas xestións por parte do goberno local. O prazo de execución é de seis meses.

O obxectivo da actuación é eliminar os verquidos á praia, para o que se prevé construír unha nova estación de bombeo en Ber e unha rede de colectores e impulsión, así como unha nova depuradora de augas residuais no núcleo de Boebre. “Esta actuación é o resultado dunha etapa de moito traballo e con ela solucionaremos o problema dos verquidos de augas residuais, con todo o que iso suporá dende o punto de vista medioambiental, turístico e económico”, apunta o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

Salir de la versión móvil