O Concello de Pontedeume comezará no mes de outubro comezarán as obras para a reparación do muro do paseo marítimo da vila, na zona do río Covés. Tras as xestións realizadas polo Concello de Pontedeume, o Ministerio de Transición Ecolóxica aceptou a solicitude e procederá á reparación, uns traballos que terán un orzamento de 55.023,20 euros e un prazo de execución dun mes.
Trátase dunha zona do muro que se foi debilitando a causa da auga e foi cedendo cara o río hai xa anos, polo que a súa reparación era máis que necesaria para evitar o seu desplome.. “O muro está cedido desde hai anos e quero agradecer a receptividade do Ministerio de Transición Ecolóxica do goberno central, que aceptou a petición do concello para dar resposta a unha demanda dos veciños”, afirma o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.
Esta actuación, financiada polo Gonerno de España súmase á realizada tamén pola Administración do Estado meses atrás na marxe contraria do río, coa construcción dun novo tramo de Paseo que servirá como acceso ao Campo de Fútbol da Gándara, dando así cumprimento a unha vella demanda das sucesivas directivas, país, nais e xogadores do Club Eume Deportivo, «ao tempo que se garante a seguridade dos rapaces e rapazas que se desprazan ata esa infraestrutura para a práctica de deporte», explicaron desde o Concello.