Convocado o XXXIII concurso de contos ‘Vila De Pontedeume’

A iniciativa, dirixida á xuventude, busca estimular a creación literaria en galego
Arquivo - Entrega dos galardóns na edición de 2019
Arquivo - Entrega dos galardóns na edición de 2019
PUBLICIDAD

O Concello de Pontedeume convoca o XXXIII Concurso de Contos “Vila de Pontedeume”, co obxectivo de promover a creación literaria en lingua galega entre a xuventude. Poderán concorrer ao premio estudantes de 3º e 4º da E.S.O, bacharelato, ciclos de formación profesional básica e ciclos de formación de grao medio ou superior, cuxa idade non supere os 20 anos. Os contos estarán en lingua galega e cada participante presenta unha única obra, cuxa extensión non será inferior a 6 páxinas nin superior a 8.

As obras presentaranse directamente ou ben poderán ser remitidas por correo certificado ao Rexistro Xeral do Concello de Pontedeume. Tamén se poderán presentar a través de correo electrónico a [email protected]. Nas bases do concurso recóllense as indicacións para entregar a documentación, así como os datos a incluír e outros detalles. As obras poderán presentarse ata o vindeiro 20 de abril de 2023. O xurado escollerá entre todas as obras presentadas, o conto gañador, que recibirá un premio de 600 euros. O premio entregarase o día das Letras Galegas, o 17 de maio de 2023.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.