Dada de alta a eumesa ferida no accidente da peaxe de Guísamo

A muller traballaba na cabina cando recibiu o brutal impacto dun turismo fóra de control

Peaxe da AP9 en Guísamo

Peaxe da AP9 en Guísamo

As imaxes do fatal accidente acontecido esta fin de semana na peaxe de Guísamo, na AP-9, continúan estremecendo a todo o que as ve, especialmente ós veciños e veciñas das vítimas.

Un volantazo para pasar, no último momento, por outra vía da peaxe, foi o que provocou que un turismo, procedente de Ferrol con destino a Coruña, impactase bruscamente contra unha das cabinas.

Nesta cabina desempeñaba o seu traballo unha veciña de Pontedeume, que resultou gravemente ferida, e que tras tres días no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña recibiu a alta na xornada do luns.

Peor sorte tivo unha muller ferrolana, que viaxaba de copiloto e perdeu a vida na colisión.

O condutor, que só tivo feridas leves, conseguiu sair él mesmo do vehículo siniestrado.

 

Salir de la versión móvil