Endesa desminte as vinculacións da turbidez do río Eume coa súa actividade no encoro

Baséase nun estudo da Universidade da Coruña que conclúe que se debe a unha coincidencia de varios fenómenos naturais
EkTl_QcWoAAxpmw

«A turbidez do caudal do Eume é un fenómeno natural que non entraña ningún risco sanitario e que non ten efectos adversos sobre a flora ou a fauna do río», asegura Endesa baseándose nun estudo realizado pola Universidade da Coruña, cuxa Cátedra de Enxeñería do Terreo emitiu un informe oficial respecto diso. O ditame tamén coincide na liña adoptada pola Xunta de Galicia e o Concello de Pontedeume para mellorar a estación municipal de tratamento de auga potable.

O informe da Cátedra de Enxeñería do Terreo destaca que Endesa realiza de forma sistemática e permanente o seguimento da calidade da auga, o que facilita o estudo. Asegura tamén que “o cambio de cor e transparencia da auga do Eume obedece ao incremento do número de partículas de arxila que é transportada en suspensión”. Advirte igualmente que a arxila se presenta en partículas de moi pequeno tamaño, polo que “a súa decantación é normalmente lenta en ausencia de axentes coagulantes”.

Aclara a Universidade da Coruña que a turbidez “non propiciou ningunha deterioración en canto á calidade química ou microbiológica da auga. Por iso, salvo as adaptacións e actuacións necesarias para xestionar na ETAP (estación de tratamento de auga potable) unha carga de sedimentos superior á habitual, o aumento da turbidez non entraña (ou entrañou) un incremento do risco sanitario ou para a saúde das persoas. Tampouco se constataron efectos adversos cuantificables sobre a fauna ou a flora do río Eume ou da súa contorna”.

A Cátedra de Enxeñería do Terreo indica que a causa do fenómeno é “un episodio de choiva intensa concentrada (por encima das medias históricas) acaecido na conca do Eume o pasado agosto. Este episodio coincidiu cunha situación de nivel baixo da lámina de auga do encoro. A combinación de ambas as circunstancias conduciu a unha importante resuspensión e arrastre de sedimentos”. A maior parte destes quedou na cola do encoro, aínda que a fracción de gran máis pequeno permaneceu en suspensión foi transportada “cara á presa nun proceso lento que se verificou preferentemente por baixo da superficie”.

Según Endesa, os científicos da Universidade coruñesa conclúen o seu ditame indicando que “os sedimentos que enturban a auga descargada desde a presa non teñen a súa orixe en manobras de desaugadoiro de fondo da presa ou en verteduras accidentais. A súa fonte está augas arriba da cola do encoro, e a súa mobilización é o resultado dunha avenida excepcional”. Tamén confirman que “a orixe dos sedimentos é natural e, polas características contrastadas a través de análises, non incorporan ou liberan substancias ou compostos contaminantes susceptibles de xerar efectos adversos sobre o medio natural”.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.