Faladoiro sobre alimentación saudable no mercado de Pontedeume este venres

A Asociación Euroeume, en colaboración con Vacalouras SCG, desenvolve estas citas durante o mes de decembro
Mercado de Pontedeume
Mercado de Pontedeume

A Asociación Euroeume, en colaboración con Vacalouras SCG, está a impulsar un ciclo de actividades para animar as tardes dos venres no mercado de Pontedeume durante o mes de decembro. O venres, día 2 de decembro, a partires das 17.00 horas, as irmás Pilar e Raquel Cascón Rodríguez, ofrecerán unha charla sobre alimentación e alimentos saudables, centrándose nas cualidades das algas. Estas irmás levan anos a traballar na difusión da alimentación saudable, os circuitos curtos de comercialización de productos locais e as maneiras de cociñar de for5ma saudable estes productos.

Ao rematar a charla realizarase unha degustación de productos locais e das cervexas artesas COLMO, as primeiras elaboradas con centeo dos Ancares. Un proxecto  circular e social que vai máis alá de elaborar unha cervexa, posto que nace coa finalidade de promover o cultivo do centeo nesta área e promocionar toda a cultura que o codea, colaborando de maneira activa na recuperación dos teitos das pallozas e outras artes relacionadas con este cereal.

Estas actividades son gratuitas, pero por circunstancias da capacidade do mercado e por cuestión loxísticas o número de prazas está limitado, así que as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao teléfono 699556438. Estas actividades lévanse a cabo grazas ás axudas de promoción económica da Deputación da Coruña.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.