Faladoiro sobre alimentación saudable no mercado de Pontedeume este venres

A Asociación Euroeume, en colaboración con Vacalouras SCG, desenvolve estas citas durante o mes de decembro

Mercado de Pontedeume

A Asociación Euroeume, en colaboración con Vacalouras SCG, está a impulsar un ciclo de actividades para animar as tardes dos venres no mercado de Pontedeume durante o mes de decembro. O venres, día 2 de decembro, a partires das 17.00 horas, as irmás Pilar e Raquel Cascón Rodríguez, ofrecerán unha charla sobre alimentación e alimentos saudables, centrándose nas cualidades das algas. Estas irmás levan anos a traballar na difusión da alimentación saudable, os circuitos curtos de comercialización de productos locais e as maneiras de cociñar de for5ma saudable estes productos.

Ao rematar a charla realizarase unha degustación de productos locais e das cervexas artesas COLMO, as primeiras elaboradas con centeo dos Ancares. Un proxecto  circular e social que vai máis alá de elaborar unha cervexa, posto que nace coa finalidade de promover o cultivo do centeo nesta área e promocionar toda a cultura que o codea, colaborando de maneira activa na recuperación dos teitos das pallozas e outras artes relacionadas con este cereal.

Estas actividades son gratuitas, pero por circunstancias da capacidade do mercado e por cuestión loxísticas o número de prazas está limitado, así que as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do correo electrónico euroeume@euroeume.org ou chamando ao teléfono 699556438. Estas actividades lévanse a cabo grazas ás axudas de promoción económica da Deputación da Coruña.

Salir de la versión móvil