Xa concluíron obras de mellora e de pavimentación da rúa Torrente Ballester. Os traballos incluíron a construción con granito dun muro de contención que se ampliou ata os 54 metros de longo por 3,5 de altura media na parte final da rúa coa instalación, así mesmo, dunha baranda. Ademais, tamén se pavimentou toda a vía con formigón desactivado.
“Desta forma dotaremos á rúa de varias canles con rexistros para a recollida de augas pluviais, así como a construción de novas beirarrúas ampliando o ancho das mesmas para cumprir coa normativa e facilitar o seu uso”, detalla o alcalde, Bernardo Fernández.
As obras de mellora no Concello de Pontedeume tamén concluíron na zona que vai do muro de contención á estrada DP-4803, que se pavimentou en formigón. “Gañamos así 4 prazas de estacionamento que quedaron debidamente sinalizadas, ademáis de engadir un espazo que era necesario para colocar os colectores de recollida do lixo e os de reciclaxe de residuos”, engade o alcalde.
