Licitadas as obras de construción das beirarrúas da DP-0906 en Andrade

O Concello de Pontedeume está avanzando tamén os trámites para actuar sobre os tramos de Centroña e Campolongo
104186024_10222931932349917_7696392395739307666_n

Onte sairon a licitación as obras de construción das beirarrúas e de ampliación da estrada DP-0906 ao seu paso pola parroquia de Andrade, para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas.

A primeira fase da actuación está prevista entre os puntos kilométricos 0+000 a 0+533, cun investimento de mais de 300.000 euros aportados integramente pola Deputación da Coruña para mellorar a seguridade viaria na zona.

Os traballos afectan ao tramo que vai desde a confluencia da estrada provincial AC-151, na zona de O Cruceiro, ata o cruce de O Grobe (no camiño de acceso á Igrexa). O vial se ensanchará, pasando de cinco a sete metros, cunha beirarrúa de case dous metros de ancho.

Así mesmo, estes días estanse a ultimar os traballos de modificación do tramo das beirarrúas de Centroña, para tramitar os informes sectoriais necesarios de cara á obtención dos terreos e posterior licitación das obras.

No tocante ás beirarrúas de Campolongo, recentemente chegouse a un acordo co Ministerio de Femento para que sexa esa administración a que redacte o proxecto, para a posterior solicitude dunha achega de fondos europeos por parte do Concello para a súa financiacion.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.