O pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou o proxecto e a consignación económica para a construción da beirarrúa e ampliación da calzada da DP 0906 ao seu paso pola parroquia de Andrade, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+533.
Nesta primeira fase de 553 metros, que conecta vivendas e da acceso ao colexio público de Andrade, vaise ampliar o ancho da estrada pasando de 5 a 7 metros e vaise construir unha beirarrúa. Dotarase ese tramo de nova iluminación e deixaranse preinstaladas varias conduccións baixo a beirarrúa para a futura instalación dalgún servizo.
O orzamento das obras ascende a 310.384,07 euros. Unha vez que que xa foron aprobadas, se procederá aos trámites para a súa licitación e contratación, que concluirán na primavera.
Así mesmo, “dende o Goberno Local, e en colaboración coa Deputación é o Ministerio de Fomento, seguimos a traballar tamén para avanzar na dotación de infraestruturas similares noutras zonas do municipio: na expropiación dos terreos necesarios para a construcción das beirarrúa de Centroña, así coma na redacción de varios proxectos para as estradas de Ombre, Perbes-Campolongo e N-651 tamén en Campolongo”, asegura o alcalde, Bernardo Fernández.