Novo servizo de asesoramento xurídico para mulleres en Pontedeume

Calquera home que sufra discriminación por razón de xénero tamén poderá ser usuario

O Concello de Pontedeume pon en marcha este venres, día 7 de febreiro, un novo servizo de asesoramento xurídico para mulleres co que busca dar un paso máis na loita por acadar unha igualdade de xénero real.

O obxectivo do servizo é proporcionar información, orientación e asesoramiento xurídico en todas as ordes xurisdiccionais: civil, penal, contencioso-administrativo e social ás mulleres.

Aínda que vai destinado obxectivamente ás mulleres, o concello lembra que tamén os homes poden ser vítimas dalgunha discriminación por razón de xénero e, polo tanto, poderán ser usuarios do mesmo.

O servizo de asesoramento xurídico estará ubicado no departamento de servizos sociais municipais e terá atención ao público, previa cita, os venres de 9:00 a 13:00 horas.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.