O Concello de Pontedeume pon en marcha este venres, día 7 de febreiro, un novo servizo de asesoramento xurídico para mulleres co que busca dar un paso máis na loita por acadar unha igualdade de xénero real.
O obxectivo do servizo é proporcionar información, orientación e asesoramiento xurídico en todas as ordes xurisdiccionais: civil, penal, contencioso-administrativo e social ás mulleres.
Aínda que vai destinado obxectivamente ás mulleres, o concello lembra que tamén os homes poden ser vítimas dalgunha discriminación por razón de xénero e, polo tanto, poderán ser usuarios do mesmo.
O servizo de asesoramento xurídico estará ubicado no departamento de servizos sociais municipais e terá atención ao público, previa cita, os venres de 9:00 a 13:00 horas.