O campo de fútbol eumés da Gándara terá nova grada este verán

A nova infraestrutura contará cunha cuberta e capacidade para 200 persoas

Iniciadas as obras de construcción das gradas do campo de fútbol da Gándara en Pontedeume.

Iniciadas as obras de construcción das gradas do campo de fútbol da Gándara en Pontedeume.

O Concello de Pontedeume iniciou esta semana as obras de construcción da nova grada do campo de fútbol da Gándara.

Cun orzamento que rolda os 200.000 euros, a nova infraestrutura contará cunha cuberta e capacidade para 200 persoas.

O prazo de execución aproximado é de seis meses. “Con estas obras, continuamos coa nosa aposta por mellorar e renovar de forma continua as infraestruturas deportivas”, sinala o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

Nas próximas datas estará listo tamén o novo acceso ao campo de fútbol: só quedan os traballos de peche da finca colindante e do portal de acceso ás instalacións, coa taquilla e a nova beirarrúa.

Con esta actuación, o concello garante unha zona de estacionamento debaixo da autopista, deixando libre o arcén da estrada para mellorar a seguridade viaria, evitando que os rapaces e rapazas teñan que transitar pola estrada autonómica.

Salir de la versión móvil