O Concello de Pontedeume asinou esta semana cos praceiros adxudicatarios os contratos de concesión para a explotación dos primeiros locais do novo mercado municipal. En concreto, asináronse os contratos para a posta en marcha dunha pescadería; unha carnicería; dúas froiterías; unha panadería; unha chacinería; unha floristería, e un posto de produtos locais. Oito negocios aos que hai que sumar a cafetería, ao estar en vigor ata o ano 2021 a antiga concesión deste local.
Os encargados dos postos dispoñen a partir de agora de 75 días para acondicionar os locais e proceder á súa apertura. De forma paralela, nos próximos días abrirase un segundo prazo para optar aos locais vacantes, entre os que se atopan dúas peixerías, unha carnicería, un posto de produtos ecolóxicos e tres de produtos locais. Ao concello achegáronse nas últimas datas varias persoas interesadas en optar a súa explotación.
A apertura do Mercado Municipal chegará acompañada dunha serie de accións que buscan a súa posta en valor, tanto a niveis de implantación de plans de mobilidade para optimizar os aparcamentos existentes como de dotación de conectividade wifi no edificio e no entorno da Praza do Conde. O concello impulsará tamén accións de promoción e difusión do produto local en colaboración con outras entidades, así como outras iniciativas de dinamización comercial.