O Concello de Pontedeume consegue unha subvención de 233.000 euros para a renovación enerxética do antigo edificio dos xulgados

Os fondos proceden do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía e servirán para rehabilitar a actual sede de servizos sociais
IMG-20201030-WA0012

O Concello de Pontedeume, despois de varios meses de xestións, conseguiu unha subvención do goberno central para a renovación enerxética e a mellora térmica do antiguo edificio dos xulgados, actual sede do departamento municipal de Servizos Sociais e do xulgado de paz.

En concreto, a achega é de 233.189 euros e procede do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDEA), un organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica. O Concello de Pontedeume completará a subvención cun 20% máis, polo que a actuación terá un orzamento duns 300.000 euros.

As obras consistirán no aillamento término das fachadas, a renovación da cuberta do edificio e das carpinterías exteriores, e a substitución da caldeira de gasoil por unhas bombas de calor. “Os traballos forman parte dun proxecto para a renovación integral do edificio, que comezará con estas obras para mellorar a súa eficiencia enerxética”, explica o concelleiro de Obras de Pontedeume, Daniel Ríos.

O IDEA impulsa actuacións e proxectos de eficiencia enerxética e enerxías renovables por toda a xeografía española. O organismo ten entre as súas funcións o financiamento de iniciativas dirixidas a reducir o consumo e as emisións de CO2 para mellorar o medio ambiente.

“Continuamos coa reforma das instalacións municipais da nosa vila, mellorando o servizo que lle ofrecemos á veciñanza e cumprindo o plan integral de renovación das infraestruturas que puxemos en marcha no ano 2015”, afirma o alcalde, Bernardo Fernández.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.