Despois de moitos meses de xestións por parte do Concello de Pontedeume, dos Clubs Náuticos Entrepontes e Firrete, e da Cofradía de Pescadores, Portos de Galicia acaba de sacar a licitación a redacción do proxecto e a memoria medioambiental das obras, un primeiro paso obrigatorio para acometer a actuación.
Estas intervencións na dársena foron unhas das peticións feitas a finais do ano pasado polo alcalde de Pontedeume, o patrón maior da Confraría de Pescadores e os presidentes dos clubs náuticos Firrete, nunha reunión de traballo coa presidenta de Portos de Galicia na que se lle trasladou a necesidade de acometer a curto prazo o dragado da dársena.
O dragado era unha urxencia na zona e o comezo dos trámites para a súa execución é unha moi boa noticia para Pontedeume, así como a ampliación dos puntos de amarre, xa que os problemas de calado nas zonas dos pantaláns das embarcaciones profesionais e das deportivas eran unha constante.