O Concello de Pontedeume inicia as obras de reparación do colector do parque de Vizús

Vaise demoler a soleira de formigón actual para proceder á substitución da totalidade do colector que discorre baixo o parque e se fará unha pista nova
Vizús 1

Esta semana deron comezo as obras de renovación e mellora do colector que canaliza o regato que discorre baixo o parque de Vizús, na parroquia eumesa de Centroña. Debido ao mal estado de conservación do colector, producíronse constantes fugas e filtracións ao longo dos últimos anos, debilitando a cimentación da pista polideportiva e afectando gravemente á súa estrutura e estabilidade.

Os traballos consisten na demolición da soleira de formigón actual para proceder á substitución da totalidade do colector que discorre baixo o parque e pista polideportiva, construíndo posteriormente unha nova soleira e renovando toda a plataforma da pista.

“As obras están a ser financiadas íntegramente polo Concello de Pontedeume, grazas á nosa situación económica saneada podemos acometer este tipo de actuacións que melloran a vida diaria dos veciños e veciñas”, asegura o alcalde, Bernardo Fernández.

Desde o ano 2015, o actual grupo de goberno desenvolve un plan integral para a mellora e a renovación dos servizos e infraestruturas da vila eumesa, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.