O Concello de Pontedeume presenta a XXVII edición da revista Cátedra

A Casa da Cultura acolle o acto este mércores 18 de novembro ás 19:00 horas
convento

O Concello de Pontedeume informou hoxe da próxima presentación da XXVII edición de Cátedra. Revista Eumesa de Estudios, este mércores 18 ás 19:00 horas. A Casa da Cultura de Pontedeume acollerá o acto de presentación, porén, por mor das circunstancias sanitarias actuais e como medida de prevención para evitar calquera tipo de aglomeración, o aforo estará limitado ós integrantes do Consello Redactor, investigadores participantes na publicación e membros da corporación municipal.

A edición deste ano vén marcada polos 750 anos do nacemento da vila de Pontedeume, fundada o 30 de decembro de 1270 polo rei Afonso X. Neste número preséntanse artigos de investigación con temáticas como as coleccións fotográficas existentes na fundación Amatler, o Castro de Centroña, así como estudos etnográficos sobre a iconografía simbólica espallada pola comarca eumesa ou o premio de investigación acadado en 2019 por Manuel Bouza Faraldo, titulado “Polo camiño do deporte eumés”.

A revista publicouse por primeira vez en 1994 recollendo artigos de investigación dedicados á antropoloxía, ó pensamento, á arte e á historia da comarca eumesa. Como en cada edición, Cátedra medra ano tras ano sendo un dos piares básicos para pór de relevo o devir histórico da comarca e das súas xentes, converténdose no mellor vehículo transmisor da riqueza cultural, patrimonial e histórica.

A partir do 19 de novembro, todas as persoas interesadas poderán recoller un exemplar na Oficina de Turismo en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.