O goberno de Pontedeume realizará un estudo económico da afectación da pandemia do Covid ao comercio local

O obxectivo é ter unha radiografía pormenorizada do sector para implementar ferramentas e reactivar os negocios locais
Los locales de hostelería con terraza no tendrán que abonar la tasa de ocupación este año
Los locales de hostelería con terraza no tendrán que abonar la tasa de ocupación este año

O Concello de Pontedeume realizará durante os vindeiros días unha serie de enquisas entre o comercio local para obter datos sobre a situación dos diferentes negocios que realizan a súa actividade comercial no municipio. O concello quere coñecer dunha forma pormenorizada a diversificación existente, os servizos ofertados e o seu grado de afectación pola crise sanitaria da Covid-19.

Unha vez analizados e estudados os datos da enquisa, o concello pretende implementar instrumentos e ferramentas que axuden e impulsen aos empresarios, facilitando á súa adaptación á nova situación e as tendencias futuras.

“É un dos sectores máis perxudicados pola pandemia e desde o concello queremos articular e impulsar medidas de axuda, polo que facemos estas enquisas como auditoria previa para coñecer a situación real”, explica Ángela Piñeiro, concelleira de Comercio.

O Concello de Pontedeume agradece toda a colaboración que se poida brindar por parte deste sector na realización das enquisas. Desde marzo, a corporación local impulsou outras accións e medidas para paliar os efectos da crise sanitaria da covid-19 no tecido comercial, como axudas directas e exencións fiscais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.