O pleno de Pontedeume aproba por unanimidade non cobrar a taxa de terrazas

A medida de descarga fiscal implementada polo goberno de Bernardo Fernández axudará aos hosteleiros a facer fronte a crise socioeconómica derivada do Covid
DSC_1747

O pleno municipal do Concello de Pontedeume aprobou onte por unanimidade a suspensión da ordenanza reguladora do cobro da taxa de terrazas que abonan os hostaleiros ata o ano 2021, polo que non se cobrará este ano 2020.

Ademais, con respecto ao cobro das taxas do ano 2019, que estaba aprazado ata abril, o Concello volveu retrasar o pago ata o último cuatrimestre do ano e permitirá facelo de forma fraccionada.

O Grupo de Goberno local toma estas medidas para axudar a un dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, agradecendo o apoio do conxunto da corporación.

Esta iniciativa únese a outras das últimas semanas, como a liña de axudas aos profesionais autónomos por importe de 50.000 euros. Son unhas achegas coas que se pretende complementar ás que poidan habilitar outras administracións, a fin de evitar duplicidades e facilitar o acceso de todos os sectores perxudicados ao maior número de fondos.

O Concello de Pontedeume estudou tamén caso por caso a posibilidade de ampliar durante os próximos meses a superficie das terrazas nos establecementos de hostalería onde é factible dadas as características do espazo, así como o tránsito de peóns.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.