O presidente de Cofer e o alcalde Pontedeume analizan as oportunidades industriais da bisbarra

Ambos visitaron a plata de Leite Celta, ubicada no municipio, unha das factorías máis importantes do secto no país

O Concello de Pontedeume recibiu hoxe en visita oficial á directiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER). En concreto, estiveron no concello o seu presidente, Cristóbal Dobarro, e os directivos Pablo Rivera e Roberto Hermida. Foron recibidos polo alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o concelleiro de Industria, Daniel Ríos.

Na reunión que mantiveron no concello, falaron da situación actual do sector industrial na comarca e de posibles opcións de colaboración entre ambas institucións. Posteriormente, visitaron as instalacións de Leche Celta, onde da man do seu director de Operacións, Álvaro Calderón, percorreron a planta, unha das máis importantes do sector lácteo no noroeste peninsular.

Tanto Bernardo Fernández como Daniel Ríos destacaron “a cordialidade da xornada” e a importancia de que o Concello de Pontedeume manteña contacto permanente e colabore coas organizacións empresariais da comarca para explorar fórmulas coas que “potenciar e ampliar o tecido industrial da nosa vila”.

Salir de la versión móvil