Os concellos de Ferrol, Eume e Ortegal únense para reclamar solucións á crise do transporte público

Os municipios participantes na xuntanza celebrada en Pontedeume solicitan unha reunión coa Dirección Xeral de Mobilidade e a convocatoria da comisión de seguimento da licitación
Na reunión participaron, ademais do goberno local de Pontedeume, representantes dos concellos de Fene, A Capela, Narón, Monfero, Neda e Valdoviño | Concello de Pontedeume
Na reunión participaron, ademais do goberno local de Pontedeume, representantes dos concellos de Fene, A Capela, Narón, Monfero, Neda e Valdoviño | Concello de Pontedeume

Os concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal decidiron unir forzas ante a situación que atravesa o transporte público e as deficiencias que se están a producir no servizo. Nunha xuntanza de traballo celebrada en Pontedeume, representantes municipais acordaron reclamar explicacións á Administración e impulsar unha resposta coordinada entre os territorios afectados.

Na reunión participaron, ademais do goberno local de Pontedeume, representantes dos concellos de Fene, A Capela, Narón, Monfero, Neda e Valdoviño. Os municipios asistentes tamén fixeron un chamamento aos concellos que non puideron acudir para que se sumen a esta iniciativa común.

Reclamacións á Administración

Entre os acordos adoptados figura a solicitude de convocatoria da Mesa da Comisión de Seguimento da licitación do transporte, co propósito de analizar a situación actual, coñecer as explicacións da Administración e reclamar solucións ás deficiencias detectadas.

Os concellos tamén pedirán unha reunión comarcal coa Dirección Xeral de Mobilidade, na que estean representados os municipios afectados, para abordar os problemas do servizo e avanzar na procura de respostas.

Coordinación cos colectivos afectados

Os acordos da xuntanza trasladaranse á Plataforma por un Transporte Digno de Ferrolterra e ao Foro Cidadán polo Ferrocarril de Ferrol, Eume e Ortegal, co obxectivo de coordinar actuacións e ampliar a participación social.

Os concellos tamén consideran importante implicar neste proceso os sindicatos, o estudantado e os distintos colectivos afectados polas deficiencias do transporte público.

Non se descartan mobilizacións

Os municipios participantes sinalan que non descartan ningunha vía de mobilización para reclamar melloras no servizo, incluída a posibilidade dunha folga comarcal polo transporte.

A iniciativa busca reforzar a cooperación entre os concellos e trasladar unha reivindicación compartida ante os problemas que afectan á mobilidade da veciñanza das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.