Pontedeume, a Xunta, Fegamp e Seaga chegan a un acordo para previr o risco de incendios

Este novo convenio firmado polas catro entidades permitirá manter limpas as fincas e franxas secundarias municipais para evitar traxedias provocadas polo lume
116354434_2720245068302544_4756497110329707271_n

O Concello de Pontedeume aprobou hoxe no pleno a adhesión a un convenio suscrito entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e a empresa Seaga para manter limpas as fincas e franxas secundarias do municipio, evitando desta maneira o risco de incendios.

Cos votos a favor de PSOE e PP e o voto en contra do BNG, o goberno local formalizou esta mañá a adhesión a este convenio, facilitando así maiores medios para xestionar a biomasa, limpar as fincas e as franxas secundarias -áreas de 50 metros en torno aos núcleos de poboación que deben manterse libres de maleza e árbores-.

Ademais, grazas á adhesión a este convenio, o Concello de Pontedeume poderá ter o seu propio Plan de Incendios municipal, unha ferramenta necesaria pero de elaboración complexa para a que contará coa colaboración de técnicos da Xunta de Galicia.
Pola súa banda, o concelleiro de Medio Ambiente, José Simoes, asegurou que este plan de incendios é moi importante e o PXOM do que dispoñen  está moi renovado, o que favorecerá a súa elaboración. Para os concellos, é fundamental que os propietarios das fincas cumpran os deberes e limpen cada ano as súas propiedades, unha tarefa que será máis sinxela desde agora en Pontedeume coa adhesión ao convenio.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.