Pontedeume abre este 1 de xuño o prazo de inscrición dos campamentos de verán

Un dos programas serán os 'Rueiros e rueiras de verán', dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Couceiro Freixomil e CEIP de Andrade
COMUNIDAD DE MADRIDFoto: D.Sinova

O Concello de Pontedeume volve poñer a disposición das familias actividades de ocio e tempo libre dirixidas ás nenas e nenos nos períodos vacacionáis. Dentro destas actividades os campamentos municipais de verán son unha das máis demandadas tradicionalmente.

Están contempladas dentro do Programa de Educación en Valores no que se traballa dende a área da Animación Socio Comunitaria, co obxectivo de dotar dun contido educativo e lúdico á vez todas aquelas dinámicas desenvoltas ao longo dos días no que se realiza dita actividade.

«Consideramos que esta programación repercute de xeito satisfactorio no desenvolvemento persoal e comunitario da cidadanía en xeral, tanto nas persoas participantes como noutras institucións sociais, así como na adquisición de hábitos sociais saudables», explican desde o goberno local.

Por iso este ano o Concello ofertará dúas actividades. Por un lado, os Rueiros e rueiras de verán 2022: Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Couceiro Freixomil e CEIP de Andrade.

E por outro, as XXXIV Acampadas Intermunicipais na natureza, organizadas pola Escola de tempo Libre e Aire Néboa nas que Pontedeume é un concello colaborador. Estas acampadas inclúen un campamento multiaventura do 5 ao 17 de xullo para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos. E o campamento Robinson do 23 ao 30 de xullo para nenas e nenos de 6 a 11 anos.

Para todos estres programas ábrese o prazo de inscrición do 1 ao 15 de xuño no departamento municipal de Servizos Sociais.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.