Pontedeume avanza na dixitalización do seu arquivo histórico

Pódense atopar documentación desde 1663 sobre contabilidade, expedientes xudiciais ou asuntos administrativos
Algúns dos documentos dixitalizados
Algúns dos documentos dixitalizados

O Concello de Pontedeume continúa cos traballos de dixitalización do Arquivo Histórico Municipal. Deste modo, nos pasados días deron inicio os traballos de descrición documental pertencentes ao Arquivo Histórico Municipal. No proxecto que se está levando a cabo actualmente analízase a documentación pertencente ao xulgado e o cárcere con arquivos que datan desde o ano 1663.

Case catro séculos nos que se recolle información sobre os arranxos do cárcere da época situado no Pazo dos Andrade e no Convento dos Agostiños. Tamén se inclúen datos sobre a construción do novo edificio en 1854, que é a actual sede do departamento de Servizos Sociais, así como a información de libros de contabilidade ou expedientes de condena.

Dende o Concello, sinalan o indubidable valor do patrimonio histórico documental eumés para o coñecemento da historia de Pontedeume. Ademais, esta información está a ser incluída no sistema de xestión documental de arquivos públicos ARQA integrado no Sistema de Arquivos de Galicia. Esta iniciativa obtivo unha achega dentro das liñas de Axudas para actuacións en materia de arquivos. Por último, este proxecto súmase a traballos anteriores  co obxectivo de preservar a documentación histórica que atesoura o Arquivo Municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.