Pontedeume consegue unha partida de 1,5 millóns de euros para investir na pranta potabilizadora de auga

As xestións realizadas polo goberno local nos últimos días ante a crise do auga do Eume conseguiron respostas por parte de Augas de Galicia
Xunta-de-Galicia-2-1200x630

O Concello de Pontedeume, tras as xestións realizadas nos últimos días xunto a empresa concesionaria do servizo municipal de augas, Viaqua, recibiu esta mañá a comunicación de que o ente Augas de Galicia habilita unha partida de 1,5 millóns de euros para combatir a situación que está a padecer nas augas da vila, centrando a maior parte do investimento na adaptación da pranta potabilizadora.

Ao longo desta semana, estívose a traballar intensamente cos técnicos de Viaqua na elaboración dunha memoria coas necesidades da pranta potabilizadora, de cara á súa adaptación para poder facer fronte a episodios de turbidez como o destes últimos días.

“Eses datos foron trasladados a Augas de Galicia e, tras a reunión mantida no día de onte, o ente autonómico informou esta mañá que realizará un investimento de 1,5 millóns de euros en base aos datos que aportamos”, explica o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

“Valoramos este anuncio, o intenso traballo desta semana para ter lista a memoria da os seus frutos, cando as administracións traballan de forma conxunta para solucionar os problemas da cidadanía os resultados son moi positivos”, engade o alcalde, que agradece “a colaboración de Viaqua e a boa disposición e receptividade de Augas de Galicia”.

“Este investimento servirá para solucionar as necesidades da pranta potabilizadora e quero como representante do concello agradecer tamén aos veciños e veciñas de Pontedeume a súa colaboración e comprensión”, remata Fernández.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.