Pontedeume convírtese no epicentro das vodas galegas

O showroom de vodas solidario en favor de asotrame volverá a congregar no convento de San Agustín a deceas de profesionais e centeares de noivos á caza de ideas

Pontedeume acollerá por segundo ano unha das citas máis esperadas polas parellas de noivos de toda de Galicia. O pasado ano, na súa estrea, o showroom de vodas solidario resultou un absoluto éxito de participación. Proba disto é que neste ano 2020 multiplicáronse as petición para participar no evento, que volverase a celebrar no antiguo convento de San Agustín, hoxe reconvertido en Casa da Cultura.
O Concello de Pontedeume coorganiza este encontró xunto cun equipo de tres profesionais do mundo do casamento, a eumesa Rosa Echeverría -de BodasPack-, o nedense Dani Ríos -O Casamenteiro-, e a fenesa Maite Teijeiro -de Mayevents-.

Como eles mesmos admiten, este evento resultou pioneiro no mundo das feiras de vodas e agora son moitos os que seguen a estele deste especial encontró para parellas. “Levamos anos participando neste tipo de feiras e falábamos de facer algo diferente, que resultara unha experiencia nova para os noivos que acuden; darlle un toque especial”, explica Rosa Echeverría.

Un proxecto vanguardista
Puxéronse a traballar nesta premisa saben que tería que ser nun espazo emblemático e, ademáis, que responderá a algún tipo de causa solidaria. “Sabíamos que queríamos facer algo coa recaudación e, por circunstancias persoais, dous de nos tivéramos relación directa con a Asociación Gallega de Afectados por Trasplantes Medulares (Asotrame), polo que decidimos poner en marcha un novo proxecto”, comenta Dani Ríos.

Esa idea é hoxe un programa real e pioneiro en España que se desenvolve na planta de oncoematoloxía do CHUAC. “Arte e emocións” é unha vía de escape para os transplantados de médula, un proxecto que permite aos doentes expresarse mediante a creación artística. “É unha forma de terapia a través da pintura, da escultura ou de calquera forma de expresión artística que da luz a esas estancias e lles permite evadirse e comunicarse”.

A responsable de Asotrame cos tres organizadores do evento

O pasado ano máis de 50 profesionais de toda Galicia acudiron ao showroom para presentar as súas propostas: frores, xoias, tocados, vestidos, reportaxes fotográficas, música, cátering, cockteis ou zapatos. Calquera cousa que se poida precisar nunca voda, estaba a disposición das parellas. Para Maite Teijeiro o primordial do evento foi “a interacción dos visitantes cos profesionais.

Non foi, como nas feiras tradicionais, unha mera exposición, senón que os noivos podían probarse a ropa, facerse tocados e presenciar en vivo e en directo todo o proceso creativa de cada unha das propostas”. E é que, según o mestre de ceremonias Dani Ríos, máis que “empresarios de vodass, son artesáns que elaboran de forma persoal cada proxecto”.

Esa é, insisten os organizadores, “a esencia do showroom solidario de Pontedeume, que nun curto espazo de tempo, as parellas podan vivir en primeira persoa cómo será o seu enlace, que experimenten as sensación reais e que sexa case coma un ensaio dun dos días máis importantes das súas vidas”.
Máis de cen parellas viviron esa experiencia o pasado ano e moitas, recordar Rosa Echeverría, “sairon de alí coa voda case organizada”. “Foi un absoluto éxito, tanto para os asistentes como para os profesionais que participaron, xa que se xeraron moitas sinerxias entre eles”, explica a xerente de BodasPack.

Salir de la versión móvil